martes, 2 de enero de 2018

1 comentario:

  1. Aquí tedes catro documentos que cronolóxicamente forman parte do reinado de Fernando VII e que abordan a cuestión fundamental do seu reinado: o conflicto entre o Antigo Réxime que se resiste a morrer, lideredo polo propio rei, e as novas ideas representadas polo liberalismo que vense abocadas ao recurso de sublevacións militares, pronunciamentos, como único medio para levar a cabo a modernización política de España.
    O primeiro documento é odecreto de anulación da Constitución de 1812. Tedes que explicar as circunstancias nas que se produce: a volta de Fernando VII de Francia, a búsqueda de apoios para a súa causa, cales eran os seus apoios, a restauración do absolutismo e todo o que iso significou. Por exemplo o Documento 2, que é o pronunciamiento que nacidade da Coruña lidera o xeneral Porlier, foi un dos primeiros pronunciamientos e un exemplo de como o liberalismo, ante a represión e a falta de apertura do réxime, non tiña outra saída para levar a cabo o seu proxecto político. É un exemplo tamén da debilidade da burguesía española, incapaz de movilizar a sociedade, e das transformacións que a guerra de independencia causan no exército español, que se convertirá, na primeira metade do século XIX, na principal forza do liberalismo. Exemplo diso témolo no Documento 3, que é a aceptación da Constitución por parte de Fernando VII, aceptación que ten lugar logo do triunfo dun dos numerosos pronunciamentos desta primeira etapa (1814-20) do reinado de Fernando, o pronunciamento de Riego. Tedes que explicar como foi, por qué triunfou e que deu orixe á segunda etapa do reinado, o trienio liberal, nel tedes que explicar a restauración da lexislación liberal, as divisións entre os liberais e o papel que xoga Fernando VII que dará lugar ao Documento 4, a volta ao absolutismo trála intervención militar da Santa Alianza e que da comenzo á última etapa do reinado de Fernando VII, a década ominosa (1823-33), da que tamén tedes que explicar as súas características.

    ResponderEliminar